XERACIÓN+SOSTIBLE

Campaña de Educación Ambiental

Por un mundo máis sostible e xusto... CONTAMOS CONTIGO.

Ti es clave para o cambio.

APOSTANDO POR UNHA XERACIÓN MÁIS SOSTIBLE

Benvidos á campaña de educación ambiental XERACIÓN+SOSTIBLE, dirixida a estudantes da ESO e FP de Grao Básico e de Grao Medio dos centros educativos situados no contorno das fábricas de cemento.

O obxectivo desta campaña de educación é fomentar o coñecemento entre o alumnado e a comunidade educativa dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible relacionados coa economía circular, o cambio climático e a igualdade de xénero.

EDUCACIÓN

Educar en relación á importancia dos ODS

SENSIBILIZACIÓN

Sensibilizar sobre os riscos do cambio climático

CONCIENCIACIÓN

Reflexionar e fomentar accións individuais que axuden a alcanzar os ODS

MOTIVACIÓN

Xerar un cambio real cara a uns hábitos máis sostibles co planeta

COMO SE DESENVOLVE A CAMPAÑA EDUCATIVA?

É unha actividade totalmente gratuíta para os centros educativos de ESO, FP de Grao Básico e FP de Grao Medio situados no contorno das fábricas de cemento.

Consta dunha sesión na aula, coa visita dunha educadora ambiental especializada, que se leva a cabo en formato “escape room”.

Poñemos a disposición do profesorado e as familias unha serie de valiosos recursos e materiais informativos e educativos interactivos deseñados por un equipo pedagóxico especializado, baseado na aprendizaxe divertida a través do xogo.

A nosa metodoloxía baséase nas innovacións educativas máis eficaces, como a “gamificación” e a participación activa do alumnado.

QUEREMOS IMPLICAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA (ALUMNADO, PROFESORADO E FAMILIAS) NA ADOPCIÓN DE HÁBITOS SOSTIBLES PARA CONTRIBUÍR AOS ODS

MATERIAIS E RECURSOS EDUCATIVOS

Accede aos materiais educativos que elaboramos para aprender máis sobre os ODS, o cambio climático e a economía circular, un modelo económico e social máis sostible e igualitario que todos podemos potenciar.

Estes materiais están dispoñibles en castelán, catalán, éuscaro, galego e inglés.

PARTICIPA NO CONCURSO DE VÍDEOS “A MIÑA XERACIÓN + SOSTIBLE”

1. Quen pode participar?

A aula que participara na Campaña de Educación Ambiental Xeración+Sostible de Fundación CEMA durante o ano 2023.

2. Como participar?

É doado: tedes que preparar un vídeo sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e envialo antes do 15 de decembro de 2023. Valoraranse a creatividade e a orixinalidade.

3. Que premio pode ganar a túa aula?

O vídeo do mellor centro educativo ganará 2.000 € para destinar a unha actividade, servizo ou subministración da súa elección.

Esperamos os vosos vídeos!

Por que esta campaña?

Desde a Fundación CEMA poñemos en marcha esta campaña dirixida á xuventude do contorno de fábricas de cemento para sensibilizar e concienciar sobre a importancia dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) relacionados coa economía circular, o cambio climático e a igualdade de xénero, contribuíndo así á implantación da Axenda 2030 e do desenvolvemento sostible.

A industria do cemento está aliñada coa Axenda 2030 e a súa estratexia de sostibilidade céntrase en varios ODS importantes: